GALLAECIA CELTA http://www.facebook.com/gallaeciaceltaNOVAS GALLAECIA A CERVEXA TOSTADA Mil800 NEGRA VERMELLA DOURADA SUAVE HOMENAXE CONTACTO http://www.facebook.com/gallaeciaceltaAtópanos no FACEBOOK

Gallaecia Celta é unha homenaxe ao espírito da bravura Celta. O espírito sobrevivinte ao asedio nos montes e sempre vivo a través dos tempos.

Gallaecia Celta é unha marca creada en Galicia por unha empresa Galega.

As diferentes receitas da cervexa Gallaecia Celta foron desenvolvidas en Galicia co asesoramento de mestres cervexeiros de diferentes países de tradición cervexeira.

Queremos ser fieis a uns procesos de produción de antano con ingredientes naturais; para elo mantemos un control constante en cada unha das nosas producións.

Nos nosos plans, a medio prazo, inclúese a construción dunha fábrica en Mos (Pontevedra) ante a necesidade de incrementar a produción para poder dar resposta á demanda actual. A construción desta fábrica xa era obxectivo para este ano 2011, non obstante require dun importante investimento que se veu restrinxido pola situación económica actual e a dificultade de acceder o crédito bancario. De momento, dende a empresa, optamos por desprazarnos á República Checa e traballar conxuntamente con prestixiosos mestres cervexeiros que posúen unha fábrica e que poñen a nosa disposición para a fabricación e embotellado da cervexa Gallaecia.

Esta planta unifica os criterios de artesanía na arte de elaborar cervexa con esixencia tecnolóxica e sanitaria, deste xeito elaboramos as nosas receitas de Gallaecia Celta nas súas versións Vermella, Tostada, Negra, así como outras especialidades coas que vos iremos sorprendendo, de excepcional calidade, seguindo os métodos artesáns, coidando a calidade das materias primas e os tempos de fermentación, maduración.

Referirse a República Checa, xunto con Bélxica ou Alemaña, é dicir calidade cervexeira, séculos de tradición e evolución tecnolóxica que permiten obter unha cervexa de calidade superior elaborada con métodos tradicionais. En  Gallaecia Celta, estamos a traballar día a día, cóbado con cóbado, cos mellores e máis prestixiosos mestres cervexeiros do mundo.