GALLAECIA CELTA http://www.facebook.com/gallaeciaceltaNOVAS GALLAECIA A CERVEXA TOSTADA Mil800 NEGRA VERMELLA DOURADA SUAVE HOMENAXE CONTACTO http://www.facebook.com/gallaeciaceltaAtópanos no FACEBOOK
Gallaecia Vermella
Gallaecia Vermella

AROMA. Distínguese o aroma de malta sobre outros aromas secundarios como arándos e froitos vermellos. En xeral posúe un aroma moi suave e agradable que recorda ao aroma húmido e caraterístico da  terra mollada despois das primeiras gotas dunha choiva de verán.

APARIENCIA. Os froitos silvestres confiren a esta cervexa unha cor vermella limpa e brillante. Presenta unha burbuxa áxil e veloz que recorre o vaso intrépidamente e que forma unha escuma ubicua e imperecedeira.

SABOR. Forte e consistente, cun amargor marcado que sorprende por destapar notas doces e afroitadas tras un primeiro sorbo.

SENSACIÓNS EN BOCA. A primeira impresión recorda máis a madeira dos bosques polo seu amargor, as terras de cultivo polas súas notas acres, e as fogueiras dos lares polo seu sabor tostado. Os sabores doces e afroitados tardan e sobresair pero logo permanecen no padal. Ten un paso complexo e un postgusto duradeiro con moitos matices. 

IMPRESIÓN XERAL. Unha cervexa complexa, que destapa moitas sensacións diferentes, debido a súa espectacular cor, agradables aromas e agridoces sabores. Bebida para aventureiros e valentes, ousada e sorprendente, a compañeira perfecta para noites máxicas onde todo pode acontecer.